Boas! Preséntome: Son Adrián Noia e son escritor. Acabei de crear esta páxina web para poder compartir convosco todo o que fago como autor. Quero converter este lugar virtual nunha fonte de referencia da miña actividade como autor, mais tamén nun espazo en que recompile todo o que se di sobre min e a miña obra. Quero, iso si, que este lugar sexa un universo novo de coñecemento cunha meta ben clara: chegar a vós, lectores e lectoras.
Nesta sección de BLOG publicarei novidades, avisos ou calquera información relevante que debades saber. Sempre podedes tamén contactar comigo a través do meu correo electrónico ou ben o formulario de contacto desta páxina. O que prefirades.
No horizonte inmediato albíscanse novas creacións. Non digo máis nada.
Até pronto!
