Categorías
Artigos

As mil caras do teatro

Velaquí o artigo que Sagrario Torrado mais eu escribimos para Eduga (Revista Galega do Ensino, núm. 88, Boas prácticas): http://www.edu.xunta.gal/eduga/2705/boas-practicas/mil-caras-do-teatro.

Comparto convosco un anaquiño:

«Hai moitas cousas que me veñen á cabeza cando penso no teatro e moitas delas florecen das bibliotecas que visito con asiduidade. Se unha delas foi o préstamo de Doentes, outra foi pasar algunhas tardes da miña infancia e adolescencia na Biblioteca Ánxel Casal entre os libros dos seus estantes, respirando o po do saber, tocando os testemuños vitais das escritoras e dos escritores e imaxinar, quizais, que algún día da miña adultez podería ser coma eles, e non me equivocaba. Algunha vez manipulei todos os libros de Margaret Atwood —coma O conto da criada ou Oryx e Crake—, non o recordo ben, aínda que si son consciente de que ese momento me mudou e que máis tarde me axudaría a compor a novela O país dos raposos (Toxosoutos, 2022). No momento non o sabía, é ben claro, mais a longo prazo entendín que a única distancia que me separaba daquelas persoas e institucións era a material».

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *