Categorías
Noticias

Letras Galegas 2025

Na véspera das Letras Galegas 2025, inauguramos na Biblioteca de Galicia a exposición «Tesoureiras do noso» comisariada por Carina Fernández. Participei na mostra, gocei con este traballo que pon en valor o legado cultural das cantareiras e, cando menos, quixen contribuír a que todo este saber se manteña a través do tempo.
Desde hoxe até o 30 de setembro podedes visitala! Tedes toda a información nesta ligazón: https://bibliotecadegalicia.xunta.gal/gl/exposicions/tesourerias-do-noso.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *