Boas!
Acabo de publicar a miña nova novela titulada Pontealbar coa editorial Galaxia na colección Costa Oeste.
A historia bebe dunha lenda antiga da aldea da Pontealbar (Xavestre, Trazo), recollida por Leandro Carré Alvarellos en Las leyendas tradicionales gallegas (1977), e pertence ao ámbito da literatura fantástica.
A sinopse está dispoñible na sección de Obras desta páxina web e tamén na da editorial.
Boa ventura teña esta novela!
