O pasado 24 de abril presentamos Pontealbar na Pobra do Caramiñal coa Asociación Cultural Barbantia. Froito desta experiencia escribín un artigo de opinión en La Voz de Galicia titulado «A maquinaria cultural da asociación Barbantia».
Ademais, este xornal e mais o Canal Barbanza realizaron senllas reportaxes sobre a presentación, ás cales tedes acceso, coma sempre, na sección de Noticias.
