Categorías
Artigos Noticias

Israel supera a miña ficción (Praza Pública)

Onte saíu publicado en Praza Pública o meu artigo de opinión sobre a relación entre O país dos raposos (2022) e a crueldade que asolaga Israel nos últimos tempos. Podedes acceder a el na seguinte ligazón e na páxina de Noticias.

Aquí vai un fragmento:

Hai uns días lin na prensa que Israel está construíndo un corredor da morte para palestinos condenados á morte, con palco de espectadores. O ministro de Seguridade Nacional, Itamar Ben Gvir, impulsa a creación dunha sala de execucións cunha área de observación acristalada a partir da cal os familiares das vítimas dos atentados poderán presenciar os aforcamentos.

Fiquei espantado. Fechei o computador e non quixen ler máis a noticia. A realidade supera a ficción, a pesar de ser unha frase certamente viciada. Alén do evidente —como os descendentes dos xudeus do Holocausto poden acometer estas atrocidades sen tremerlles o pulso?—, ningún filme pode superar a crueza destas decisións salvaxes que se amorean á montaña de cranios e ósos en que se converteu Gaza. Como un pobo, un país no fin de contas, pode escribir a súa historia colectiva exterminando sistematicamente a existencia doutro? Cantas máis persoas teñen que matar, da peor forma posíbel, para que a suposta seguridade do seu Estado non se vexa comprometida?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *