Infórmovos dunha novidade. O último número de Grial: revista galega de cultura, o n.º 250, contén o artigo titulado «Estoria do bendito San Amaro (1925): unha historia milagreira debuxada por Castelao», que elaborei coa colaboración de Rosario Crespo.
Trátase dunha investigación bibliográfica sobre as 7 edicións da obra publicadas entre 1925 e 2001. Céntrase na achega gráfica de Castelao.
Para acceder ao artigo, debedes subscribirvos á revista ou adquirir un exemplar do n.º 250. Está dispoñible en liña ou en papel.
Velaquí unha mostra do artigo:

