Nos pasados venres 2 e sábado 3 de outubro participei na SELIC, un festival literario que ten lugar na Praza da Quintana de Santiago de Compostela.
O venres 2 ás 19:00 h tivo lugar a presentación oficial de O silencio non arrola por mor da obtención do Premio SELIC de Creación Literaria 2025. Na presentación estiven acompañado de Paco Macías, director de Edicións Positivas.
O sábado 3 ás 19:00 h asistín á SELIC para a sinatura de exemplares do libro Vai no Dentista. 30 anos do grupo de teatro do Instituto Arcebispo Xelmírez I (1995-2025), publicado recentemente polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.
Velaquí dúas imaxes dos eventos:


