Categorías
Noticias

Xa son obxecto de estudo!

Hai uns días descubrín que a miña novela, O país dos raposos (Toxosoutos, 2022), foi incluída nun artigo académico sobre a distopía na literatura galega. Só aparece o título e o meu nome nunha listaxe xunto a outras obras e outras autorías que publicaron entre 2008 e 2022, mais o feito de aparecer aí é […]

Categorías
Noticias

Letras Galegas 2025

Na véspera das Letras Galegas 2025, inauguramos na Biblioteca de Galicia a exposición «Tesoureiras do noso» comisariada por Carina Fernández. Participei na mostra, gocei con este traballo que pon en valor o legado cultural das cantareiras e, cando menos, quixen contribuír a que todo este saber se manteña a través do tempo. Desde hoxe até […]

Categorías
Artigos

Acróstico (Carme Moure)

Neste 2025 pasarán moitas cousas na miña vida literaria. Máis alá da nova novela que publicarei en Galaxia nunhas semanas, boto a vista atrás e decátome de que estamos preto do terceiro aniversario da publicación de O país dos raposos (2022) e, por tanto, do terceiro aniversario da primeira presentación desta obra (6 de outubro […]

Categorías
Noticias

Entrevista en El Ideal Gallego

Hoxe saíu a entrevista que me fixo Lucía Ortigueira para Diario Compostela (El Ideal Gallego). Desde aquí, gustaríame salientar a profesionalidade e a amabilidade con que esta xornalista me entrevistou para esta publicación. Grazas pola oportunidade. Déixovos a ligazón: https://diariocompostela.elidealgallego.com/articulo/compostela/adrian-noia-nova-promesa-da-literatura-compostela-contemporanea-5164144. Coma sempre, na sección de Novas tendes acceso a máis artigos, entrevistas e noticias.

Categorías
Artigos

As mil caras do teatro

Velaquí o artigo que Sagrario Torrado mais eu escribimos para Eduga (Revista Galega do Ensino, núm. 88, Boas prácticas): http://www.edu.xunta.gal/eduga/2705/boas-practicas/mil-caras-do-teatro. Comparto convosco un anaquiño: «Hai moitas cousas que me veñen á cabeza cando penso no teatro e moitas delas florecen das bibliotecas que visito con asiduidade. Se unha delas foi o préstamo de Doentes, outra foi […]

Categorías
Premios

Xuventude Crea 2024

Boa tarde, Concedéronme a Mención de Honra na Especialidade de novela curta no Xuventude Crea 2024 pola miña obra, unha novela que se achega á memoria de varias mulleres reais que sufriron a soidade indesexada durante a guerra civil e a ditadura. Moitas grazas ao xurado e á Dirección Xeral de Xuventude polo galardón. Máis […]

Categorías
Artigos

A eterna sala Nasa

Xa pasaron dous anos desde aquela efeméride en que Tristán Ron publicou, da man do grupo Chévere, a súa primeira novela gráfica, O Navegante. Por iso, para prepararmos xa este segundo aniversario quero compartir convosco un texto inédito que lin naquela altura. O discurso que lin na presentación do libro voou aquel día, o 22 […]

Categorías
Artigos

Quero vivir nun mundo inventado

Comezo esta sección cun texto meu que utilicei como limiar á edición das obras premiadas do Certame de Banda Deseñada AX1 do IES Arcebispo Xelmírez I no ano 2022: Se cadra, cando falamos de banda deseñada, pensamos no seu vínculo co mundo da fantasía e das aventuras. Pensamos en como esas grandes temáticas se articulan […]

Categorías
Avisos

Benvida!

Boas! Preséntome: Son Adrián Noia e son escritor. Acabei de crear esta páxina web para poder compartir convosco todo o que fago como autor. Quero converter este lugar virtual nunha fonte de referencia da miña actividade como autor, mais tamén nun espazo en que recompile todo o que se di sobre min e a miña […]