No número do pasado setembro do xornal Primeira Noticia publicouse a entrevista que me realizou Jéssica Beiroa sobre a novela O silencio non arrola (2026), Premio SELIC de Creación Literaria 2025. O exemplar correspóndese co número 87 e a noticia encóntrase na páxina 25. Tedes acceso á páxina web do xornal na seguinte ligazón. Velaquí […]
Categoría: Artigos
Infórmovos dunha novidade. O último número de Grial: revista galega de cultura, o n.º 250, contén o artigo titulado «Estoria do bendito San Amaro (1925): unha historia milagreira debuxada por Castelao», que elaborei coa colaboración de Rosario Crespo. Trátase dunha investigación bibliográfica sobre as 7 edicións da obra publicadas entre 1925 e 2001. Céntrase na […]
Onte saíu publicado en Praza Pública o meu artigo de opinión sobre a relación entre O país dos raposos (2022) e a crueldade que asolaga Israel nos últimos tempos. Podedes acceder a el na seguinte ligazón e na páxina de Noticias. Aquí vai un fragmento: Hai uns días lin na prensa que Israel está construíndo un […]
O pasado 24 de abril presentamos Pontealbar na Pobra do Caramiñal coa Asociación Cultural Barbantia. Froito desta experiencia escribín un artigo de opinión en La Voz de Galicia titulado «A maquinaria cultural da asociación Barbantia». Ademais, este xornal e mais o Canal Barbanza realizaron senllas reportaxes sobre a presentación, ás cales tedes acceso, coma sempre, […]
Artigo en Praza Pública
Hoxe publicouse en Praza Pública o meu artigo Carta onírica a catro escritoras unidas por un fío emotivo. Nel fago unha reflexión sobre catro autoras que me inspiraron para ser escritor. Sen dúbida, é unha mostra das miñas influencias literarias.
Hoxe saíu a entrevista que nos fixo a xornalista Patricia Calveiro a Sandra Ferreiro e mais a min para La Voz de Galicia, polo noso vínculo como autores novos da editorial Galaxia na era dixital. A ligazón é a seguinte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2026/01/24/vida-escritor-joven-os-raros/0003_202601S24C12991.htm. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e entrevistas desde que son autor.
Acróstico (Carme Moure)
Neste 2025 pasarán moitas cousas na miña vida literaria. Máis alá da nova novela que publicarei en Galaxia nunhas semanas, boto a vista atrás e decátome de que estamos preto do terceiro aniversario da publicación de O país dos raposos (2022) e, por tanto, do terceiro aniversario da primeira presentación desta obra (6 de outubro […]
As mil caras do teatro
Velaquí o artigo que Sagrario Torrado mais eu escribimos para Eduga (Revista Galega do Ensino, núm. 88, Boas prácticas): http://www.edu.xunta.gal/eduga/2705/boas-practicas/mil-caras-do-teatro. Comparto convosco un anaquiño: «Hai moitas cousas que me veñen á cabeza cando penso no teatro e moitas delas florecen das bibliotecas que visito con asiduidade. Se unha delas foi o préstamo de Doentes, outra foi […]
A eterna sala Nasa
Xa pasaron dous anos desde aquela efeméride en que Tristán Ron publicou, da man do grupo Chévere, a súa primeira novela gráfica, O Navegante. Por iso, para prepararmos xa este segundo aniversario quero compartir convosco un texto inédito que lin naquela altura. O discurso que lin na presentación do libro voou aquel día, o 22 […]
Quero vivir nun mundo inventado
Comezo esta sección cun texto meu que utilicei como limiar á edición das obras premiadas do Certame de Banda Deseñada AX1 do IES Arcebispo Xelmírez I no ano 2022: Se cadra, cando falamos de banda deseñada, pensamos no seu vínculo co mundo da fantasía e das aventuras. Pensamos en como esas grandes temáticas se articulan […]
