Categorías
Avisos Noticias

Ponte… nas Ondas!

O pasado venres 24 de abril, no marco da Xornada Radiovisual Interescolar de Ponte… nas Ondas!, fun entrevistado por José Manuel e Laura. Falamos de literatura e xente nova, Begoña Caamaño, Galicia e Portugal… A entrevista encóntrase na seguinte ligazón de Youtube. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e entrevistas desde […]

Categorías
Avisos Noticias

AELG

Desde hoxe xa son membro da Asociación Galega de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Podedes consultar a miña sección na páxina da asociación nesta ligazón. Nela encontraredes información sobre a miña obra, entre outros documentos do voso interese. Continuamos.

Categorías
Avisos Noticias

ZigZag (TVG)

Onte estiven no programa ZigZag da Televisión de Galicia para conversar con Pilar García Rego sobre Pontealbar (Galaxia, 2025). A entrevista completa está publicada en AGalega e no meu perfil de Instagram.

Categorías
Avisos

Presentación de Pontealbar (15/11)

O próximo sábado 15 de novembro ás 12:00 h, Pontealbar (Galaxia, 2025) será presentado no Centro Social Polivalente de Trazo. Adrián Noia estará acompañado da escritora Andrea Mosteiro, a alcaldesa de Trazo Fina Suárez, David Cortizo (Editorial Galaxia) e Estefanía Brea. Amenizarase o evento coa actuación das Ferreñas Ceibas.

Categorías
Avisos

Pontealbar (Galaxia, 2025)

Boas! Acabo de publicar a miña nova novela titulada Pontealbar coa editorial Galaxia na colección Costa Oeste. A historia bebe dunha lenda antiga da aldea da Pontealbar (Xavestre, Trazo), recollida por Leandro Carré Alvarellos en Las leyendas tradicionales gallegas (1977), e pertence ao ámbito da literatura fantástica. A sinopse está dispoñible na sección de Obras […]

Categorías
Avisos

Benvida!

Boas! Preséntome: Son Adrián Noia e son escritor. Acabei de crear esta páxina web para poder compartir convosco todo o que fago como autor. Quero converter este lugar virtual nunha fonte de referencia da miña actividade como autor, mais tamén nun espazo en que recompile todo o que se di sobre min e a miña […]