Hoxe saíu a entrevista que nos fixo a xornalista Patricia Calveiro a Sandra Ferreiro e mais a min para La Voz de Galicia, polo noso vínculo como autores novos da editorial Galaxia na era dixital. A ligazón é a seguinte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2026/01/24/vida-escritor-joven-os-raros/0003_202601S24C12991.htm. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e entrevistas desde que son autor.
Categoría: Noticias
Entrevista en Primeira Noticia (Ordes)
Fun entrevistado por Jéssica Beiroa no número 78 (decembro de 2025) do xornal Primeira Noticia da Comarca de Ordes, a raíz da publicación de Pontealbar (Galaxia, 2025) e a súa presentación en Trazo o 15 de novembro de 2025. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e entrevistas desde que son autor.
Desde hoxe xa son membro da Asociación Galega de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Podedes consultar a miña sección na páxina da asociación nesta ligazón. Nela encontraredes información sobre a miña obra, entre outros documentos do voso interese. Continuamos.
Onte estiven no programa ZigZag da Televisión de Galicia para conversar con Pilar García Rego sobre Pontealbar (Galaxia, 2025). A entrevista completa está publicada en AGalega e no meu perfil de Instagram.
Entrevista en La Voz de Galicia
Onte saíu a entrevista que me fixo Montse García para La Voz de Galicia a raíz da publicación de Pontealbar (Galaxia, 2025) e a concesión do Premio SELIC de Creación Literaria 2025 por O silencio non arrola. A ligazón é a seguinte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2025/11/22/span-langgladrian-noia-sinto-escribir-vai-mais-serio-ao-ganar-a-vez-premio-selic-publicar-pontealbarspan/0003_202511S22C10991.htm. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e […]
Xa son obxecto de estudo!
Hai uns días descubrín que a miña novela, O país dos raposos (Toxosoutos, 2022), foi incluída nun artigo académico sobre a distopía na literatura galega. Só aparece o título e o meu nome nunha listaxe xunto a outras obras e outras autorías que publicaron entre 2008 e 2022, mais o feito de aparecer aí é […]
Letras Galegas 2025
Na véspera das Letras Galegas 2025, inauguramos na Biblioteca de Galicia a exposición «Tesoureiras do noso» comisariada por Carina Fernández. Participei na mostra, gocei con este traballo que pon en valor o legado cultural das cantareiras e, cando menos, quixen contribuír a que todo este saber se manteña a través do tempo. Desde hoxe até […]
Entrevista en El Ideal Gallego
Hoxe saíu a entrevista que me fixo Lucía Ortigueira para Diario Compostela (El Ideal Gallego). Desde aquí, gustaríame salientar a profesionalidade e a amabilidade con que esta xornalista me entrevistou para esta publicación. Grazas pola oportunidade. Déixovos a ligazón: https://diariocompostela.elidealgallego.com/articulo/compostela/adrian-noia-nova-promesa-da-literatura-compostela-contemporanea-5164144. Coma sempre, na sección de Novas tendes acceso a máis artigos, entrevistas e noticias.
