O pasado 24 de abril presentamos Pontealbar na Pobra do Caramiñal coa Asociación Cultural Barbantia. Froito desta experiencia escribín un artigo de opinión en La Voz de Galicia titulado «A maquinaria cultural da asociación Barbantia». Ademais, este xornal e mais o Canal Barbanza realizaron senllas reportaxes sobre a presentación, ás cales tedes acceso, coma sempre, […]
O pasado venres 24 de abril, no marco da Xornada Radiovisual Interescolar de Ponte… nas Ondas!, fun entrevistado por José Manuel e Laura. Falamos de literatura e xente nova, Begoña Caamaño, Galicia e Portugal… A entrevista encóntrase na seguinte ligazón de Youtube. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e entrevistas desde […]
Artigo en Praza Pública
Hoxe publicouse en Praza Pública o meu artigo Carta onírica a catro escritoras unidas por un fío emotivo. Nel fago unha reflexión sobre catro autoras que me inspiraron para ser escritor. Sen dúbida, é unha mostra das miñas influencias literarias.
Hoxe saíu a entrevista que nos fixo a xornalista Patricia Calveiro a Sandra Ferreiro e mais a min para La Voz de Galicia, polo noso vínculo como autores novos da editorial Galaxia na era dixital. A ligazón é a seguinte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2026/01/24/vida-escritor-joven-os-raros/0003_202601S24C12991.htm. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e entrevistas desde que son autor.
Entrevista en Primeira Noticia (Ordes)
Fun entrevistado por Jéssica Beiroa no número 78 (decembro de 2025) do xornal Primeira Noticia da Comarca de Ordes, a raíz da publicación de Pontealbar (Galaxia, 2025) e a súa presentación en Trazo o 15 de novembro de 2025. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e entrevistas desde que son autor.
Desde hoxe xa son membro da Asociación Galega de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG). Podedes consultar a miña sección na páxina da asociación nesta ligazón. Nela encontraredes información sobre a miña obra, entre outros documentos do voso interese. Continuamos.
Onte estiven no programa ZigZag da Televisión de Galicia para conversar con Pilar García Rego sobre Pontealbar (Galaxia, 2025). A entrevista completa está publicada en AGalega e no meu perfil de Instagram.
Entrevista en La Voz de Galicia
Onte saíu a entrevista que me fixo Montse García para La Voz de Galicia a raíz da publicación de Pontealbar (Galaxia, 2025) e a concesión do Premio SELIC de Creación Literaria 2025 por O silencio non arrola. A ligazón é a seguinte: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2025/11/22/span-langgladrian-noia-sinto-escribir-vai-mais-serio-ao-ganar-a-vez-premio-selic-publicar-pontealbarspan/0003_202511S22C10991.htm. Como sempre, na sección Noticias, tendes acceso a todos os artigos e […]
Presentación de Pontealbar (15/11)
O próximo sábado 15 de novembro ás 12:00 h, Pontealbar (Galaxia, 2025) será presentado no Centro Social Polivalente de Trazo. Adrián Noia estará acompañado da escritora Andrea Mosteiro, a alcaldesa de Trazo Fina Suárez, David Cortizo (Editorial Galaxia) e Estefanía Brea. Amenizarase o evento coa actuación das Ferreñas Ceibas.
Pontealbar (Galaxia, 2025)
Boas! Acabo de publicar a miña nova novela titulada Pontealbar coa editorial Galaxia na colección Costa Oeste. A historia bebe dunha lenda antiga da aldea da Pontealbar (Xavestre, Trazo), recollida por Leandro Carré Alvarellos en Las leyendas tradicionales gallegas (1977), e pertence ao ámbito da literatura fantástica. A sinopse está dispoñible na sección de Obras […]
