
Máis información
| Nun país calquera, a vida cotiá vese alterada pola sublevación dun grupo terrorista que quere impoñer un réxime violento. Dous irmáns, membros da alta Administración do extinto Estado democrático, son obrigados a colaborar na nova causa. Con todo, a sociedade en vías de construción nace da vontade persoal dun individuo, aflixido polos seus traumas máis profundos. Amor, violencia, hipocrisía e distopía son os temas que se mergullan nesta historia inverosímil, pero factible. Así e todo, ninguén coñece, a ciencia certa, cal é o seu porvir… |
| Toxosoutos, 2022, 122 páxinas |
| ISBN 978-84-125393-3-2 |
| PVP: 14,00€ |

Máis información
| María afronta o seu derradeiro alento atada a unha anguria provocada polo medo a esquecer a súa vida. Durante moito tempo, non é capaz de tocar o seu piano, nin sequera de contar a verdade aos seus achegados, pero unha visita imaxinaria evoca nela a vontade de reconstruír o seu pasado e acadar, por fin, a tranquilidade que sempre procurou. Unha carta inacabada, algunhas pantasmas, os fillos enfrontados e a fe perdida son os alicientes perfectos para que a protagonista desta historia recupere a posibilidade de perdoarse a si mesma, após unha vida infinda de paixóns frustradas. |
| Medulia, 2024, 109 páxinas |
| ISBN 978-84-19438-79-9 |
| PVP: 14,90€ |

Máis información
| IES Arcebispo Xelmírez I |
| Secretaría Xeral de Política Lingüística, 2022, 83 páxinas |
| Edición non venal |
| Limiar de Adrián Noia |

Máis información
| A vida de Pedro de Pontealbar muda cando descobre que a fin do mundo está preto por culpa dun pacto entre o conde Albar e unha misteriosa criatura lendaria, o Demo da Serpe. A pantasma de Marcela, vítima da crueldade do conde, aparece para encomendarlle a Pedro a salvación da súa aldea antes de que sexa demasiado tarde. Comeza así unha aventura por un mundo indescritible situado no val do Río Grande, onde o protagonista encontrará unha chea de criaturas que o axudarán a lograr o seu propósito. Co apoio do mítico Vento do Bosque, Pedro rematará por aceptar que o seu destino estaba xa escrito desde antes de que nacese. |
| Galaxia, 2025, 160 páxinas |
| ISBN 978-84-1176-508-4 |
| PVP: 15,50€ |

Máis información
| Entre 1975 e 2025, cincuenta anos, a Facultade de Filoloxía ten sido espazo de estudo, creación e pensamento arredor da palabra. Pero foi tamén lugar de aprendizaxe vital, de descubertas, de encontros e sementes que medraron alén das aulas. Así pois, desa venturosa conxunción entre verba e memoria, nace esta antoloxía como sentida e emocionada homenaxe a este medio século de traxectoria, como celebración da palabra, como un acto que deixa pegada e que expresa a memoria da experiencia humana. |
| Antoloxía colectiva |
| Cristina Mourón (editora) |
| Edicións USC, 2025 |
| ISBN 9788410142794 |
| PVP: 10,00€ |
