Sobre min

Quen son?

Chámome Adrián Noia, nacín en Santiago de Compostela en 2001 e son filólogo, escritor e profesor.

Que estudei e a que me dedico?

Estudei a ESO e o Bacharelato no IES Arcebispo Xelmírez I. Gradueime en Lingua e Literatura Galegas e Lingua e Literatura Españolas pola USC.

Actualmente exerzo como docente de Lingua Galega e Literatura no ensino secundario.

Traxectoria literaria

Comecei a escribir relatos curtos durante a adolescencia. Gañei o 1º premio de relato xuvenil nos certames A Pipa de Becerreá (2016) e Terras de Chamoso do Corgo (2017).

Publiquei as seguintes novelas: O país dos raposos (2022), A terra leve (2024), Pontealbar (2025) e O silencio non arrola (2026).

Participei na antoloxía literaria Scripta manent (2025), da Facultade de Filoloxía da USC, co texto “Alegoría da morte”. Tamén elaborei o libro conmemorativo Vai no Dentista. 30 anos do grupo de teatro do IES Arcebispo Xelmírez I (1995-2025) (2026), editado polo Consorcio de Santiago e Alvarellos Editora.

Premios

Obtiven o 2º premio de novela curta do certame Xuventude Crea 2021 pola novela O país dos raposos (2022).

Recentemente fun galardoado co Premio SELIC de Creación Literaria 2025 pola novela O silencio non arrola (2026).